Trámites e permisos
MANUAL DE RODAXE
O Manual de Rodaxe contén toda a información para levar a cabo rodaxes ou gravacións audiovisuais na cidade da Coruña, como tipos de trámites, taxas, prazos para a solicitude de permisos e normas de actuación
solicitar permisos
COMUNICACIÓN DE RODAXE
Necesaria para rodaxes ou gravacións audiovisuais con equipo material e técnico reducidos (menos de 10 persoas), que non requiran instalación de elementos fixos, reservas de ocupación de vía pública, uso de instalacións municipais, cortes de tráfico, etc.
Descarga a documentación e envíanola debidamente cuberta a info@corunafilmoffice.gal.
Prazo de solicitude: Polo menos 10 días naturais antes do inicio da rodaxe.
Modelo Autorización (obrigatorio)
Descargar
Comunicación de Rodaxe Simplificada
Descargar
Modelo Autorización (obrigatorio)
Descargar
Solicitude Xeral (obrigatoria)
Descargar
Anexo 1 (obrigatorio)
Descargar
Anexo 2 (obrigatorio)
Descargar
Anexo 3 (cubrir só se se utilizan os supostos que se indican)
Descargar
Formulario Económico
Descargar
PERMISO XERAL
Para a realización de rodaxes ou gravacións audiovisuais na cidade, inclúe reserva temporal de uso de espazo público, cortes de tráfico, actividade en parques, xardíns, cemiterios e outras instalacións públicas, instalación de carpas, escenarios e/ou grupos electróxenos e manipulación de mobiliario urbano.
Prazo de solicitude: 15 días naturais antes da rodaxe se esta non implica cortes de tráfico, uso de espazos de titularidade municipal ou uso de instalacións auxiliares (carpas, escenarios). 30 días naturais se existe algún dos supostos citados.
Descarga a documentación e envíanola debidamente cuberta a info@corunafilmoffice.gal.
PERMISOS ESPECIAIS
Rodaxe en praias e zona costeira
Para a rodaxe en praias o zonas xestionadas pola Demarcación de Costas deberase solicitar permiso á Oficina da Demarcación de Costas da Coruña.
Demarcación de Costas del Estado en Galicia
Rúa San Pedro de Mezonzo, 2. 15005 A Coruña
Tlf: 981 148 604
Para a solicitude de permiso requírese a presentación dun documento que indique:
- Zona que se solicita e actividade que se vai realizar (indicando se se van instalar elementos técnicos na zona de costa tales como iluminación, grúas, etc…)
- Días e horarios
- Datos de contacto
- Mapa de deslinde indicando a zona que se solicita. O mapa será facilitado pola propia oficina de Demarcación de Costas da Coruña
Deberá entregarse no Rexistro nas oficinas da Demarcación de Costas da Coruña. Unha vez presentado, emitirase un recibo de taxa Administrativa de aproximadamente 92€. A taxa cóbrase por apertura de expediente.
Prazo de solicitude: Polo menos 30 días naturais antes do inicio da rodaxe.
Unha vez estudiada a solicitude, desde a Demarcación de Costas emitirase un escrito de autorización ou denegación.
Ademáis desta solicitude, a produtora deberá consultar con A Coruña Film Office se algunha das zonas solicitadas de praia ou costa, dentro da cidade, é de competencia municipal. En particular, o conxunto das illas de San Pedro está declarado Espazo Natural de Interés Local, polo que para o desenvolvemento de calquera actividade neste espazo, haberá que ter en conta o disposto no Plan de Conservación. Este está dispoñible no Servizo de Medio Ambiente, polo que será necesaria autorización municipal.
Rodaxe en zona portuaria
Para a rodaxe no Porto da Coruña ou zonas portuarias, a produtora deberá solicitar un permiso á Autoridade Portuaria da Coruña.
Autoridade Portuaria da Coruña
Rexistro de Entrada. Avda. da Marina 3. 15001 A Coruña
Tlf: 981 219 621
Para a solicitude de permiso requírese a presentación da siguiente documentación:
Escrito indicando:
- Zona que se solicita e actividade que se vai realizar (indicando se se van instalar elementos técnicos tales como iluminación, grúas, carpas, etc)
- Días e horarios.
- Datos de contacto.
Achegarase tamén unha copia do seguro de rodaxe.
Unha vez recibida a documentación, desde Autoridade Portuaria comunicarase a autorización ou denegación da solicitude, atendiendo ao bo funcionamento das actividades portuarias.
O prazo de presentación de solicitudes xerais será de 15 días. En caso de rodaxes que impliquen unha complexidade elevada ou varios días de ocupación, deberase solicitar a autorización coa maior antelación posible.
Autoridade Portuaria non cobra taxas por rodaxe pero sí por ocupación de espazo para instalación de estruturas fixas, tales como carpas, andamios, escenarios, etc.
OBRIGAS DAS PRODUCTORAS
- Entrega dunha copia do seguro de responsabilidade civil da produción antes do inicio da rodaxe
- Acreditación da liquidación de taxas (se procede) antes do inicio da rodaxe
- En caso de instalación de carpas ou escenarios: proxecto de instalación suscrito por un técnico e certificado técnico de estabilidade, montaxe e medidas de seguridade
- Ao finalizar a rodaxe, deberase cubrir o Formulario Económico e envialo a info@corunafilmoffice.gal
- Entrega de, alomenos, dúas fotografías da rodaxe ou gravación en alta resolución
- Entrega dunha copia do proxecto rodado, con autorización para utilizar imaxes do mesmo en iniciativas de promoción da cidade
