Localizacións
ENGADE LOCALIZACIÓNS
Torre de Hércules
A Torre de Hércules é o faro romano máis antigo do mundo e o único que se conserva en servizo. Construída con toda probabilidade na segunda metade do século I, está situada na costa norte da península coruñesa, nun outeiro duns 50 metros de altitude. Nos seus arredores atópase o Parque Escultórico da Torre de Hércules.








